icon

Digital safety starts here for both commercial and personal

Nam libero tempore, cum soluta nobis eligendi cumque quod placeat facere possimus assumenda omnis dolor repellendu sautem temporibus officiis

Fraudes, morosos e discriminacións LGTBi… casos para o cento de detectives privados que exercen en Galicia

Dende coñecer o dono dunha finca ata procurar un familiar, calquera cousa susceptible de ser investigada pódese encargar a un detective privado, segundo conta Mario Paul Ziegler, presidente do Colexio de Detectives Privados de Galicia. A súa actuación está actualmente regulada pola Lei 1/2014 sobre seguridade privada, que acota o marco no que poden actuar e as ferramentas a empregar.

Cando falamos de detectives privados a todos se nos vén á cabeza o icónico Sherlock Holmes, coa súa lupa, buscando pistas para resolver crimes. A figura destes profesionais foi durante moito tempo mitificada pola gran pantalla, o que fixo que nun determinado momento xa non se puidese saber se a profesión como tal existía de verdade ou non. Dende Galicia Confidencial xa che aseguramos que si, pero non como nolo teñen contado. Da man de Mario Paul Ziegler, presidente do Colexio de Detectives Privados de Galicia (CODEGA), achegámonos a esta figura.

En concreto, na nosa rexión actúan aproximadamente 100 detectives, divididos en diversas axencias ou ben traballando de forma independente, como autónomos. Para chegar a selo non chega con ter esa suspicacia e astucia que se lle presupoñen aos detectives, senón que hai que pasar pola universidade. «En España, e en Galicia por suposto, os detectives fórmanse na universidade, e precisan de tres cursos que inclúen un total de 180 créditos ata a obtención do diploma«, explica o presidente do CODEGA. Ademais, para poder exercer, deben demostrar despois ante o Ministerio do Interior que non teñen antecedentes penais.

Entre os casos máis comúns de ser investigados, e lonxe do que poida pensarse, hai cousas de todo tipo. Non só se trata de traballos para mutuas, compañías de seguros ou persoas que queren descubrir se a súa parella lles está sendo infiel. Ziegler cóntanos varios casos reais que se lle presentaron na consulta. Entre eles, a busca dun propietario dunhas fincas, pois un inversor quería mercar uns terreos que lle gustaban e descoñecía quen era o propietario real dos mesmos para poder negociar con el a compra e construír neles unha casa rural.

Outros casos están relacionados coa investigación xenealóxica, por exemplo, para persoas que queren obter a nacionalidade española e son descendentes de emigrantes, algo moi habitual en Galicia, onde moita xente no século pasado tivo que emigrar a América e agora os seus descendentes queren volver a España. Tamén investigacións sobre paternidade se fan moitas, así como a búsqueda e localización de familiares cos que non se ten contacto dende fai moito tempo ou que residen no estranxeiro. Esta sería unha parte bonita da profesión.

Logo claro, como evidencia Ziegler, tamén están os coñecidos fraudes de todo tipo: de seguros, laborais… Mesmo se contratan detectives privados para realizar contravixilancias: «Unha persoa detecta que está sendo seguida por outra que non é detective (pois só os detectives están autorizados dentro do marco legal para realizar seguimentos, cuns límites para poder actuar), por motivos coñecidos ou descoñecidos, entón facemos un exercicio de confirmar se esa persoa está facendo controis ilegais, pois ás veces poden ter a consideración de acoso; e con esa proba que lle entregamos ao cliente nun informe, este ten a posibilidade de que a denuncia saia adiante, porque a súa declaración ou unha grabación realizada co seu móbil pode que non sexa suficiente para buscar a condena, pero a nosa investigación si«.

Entre outros asuntos, tamén os detectives privados levan temas de comunidades de propietarios que teñen queixas porque hai algún piso ou local que causa molestias. E, máis recentemente, os colectivos LGTBIQ+ tamén encargan aos detectives casos de discriminación. Na liña da modernidade, tamén as investigación informáticas están en auxe, de feito, nas axencias hai expertos integrados que realizan este tipo de investigacións. «Calquera cousa que precise ser probada é susceptible de ser encargada a un detective privado e será unha proba que conte con maiores garantías de ser aceptada polo tribunal e como fundamentación para a sentencia», conclúe Ziegler.

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *